4.9 C
Santa Comba
jueves, diciembre 19, 2024

O pleno de Mazaricos aprobou os salarios do goberno

//Co voto a favor do BNG e en contra de PP e Espazo Común//

O goberno local do BNG de Mazaricos contará con dúas adicacións exclusivas para o alcalde, Juan Blanco e para o tenente de alcalde, Jorge Villar, con 30.000 euros anuais cada un.

Ademais o resto dos concelleiros (Jorge Sanmartín, Esteban Pereiro, Beatriz Alvite e Sandra Alvite) percibirán 7.500 euros anuais polo 25% da xornada laboral.

Declaracións de Juan Blanco

“Todo o mundo que traballa e que dedica o número de horas que dedicaron durante estes anos os nosos concelleiros, debe ser retribuído, tendo en conta as horas do seu tempo persoal e familiar que destinan a traballar polos veciños e as renuncias que isto ocasiona tamén no ámbito laboral” explicou o mandatario.


Juan Blanco recordou que fronte aos case 45.000 euros que contempla a lei como límite, as dedicacións completas quedan fixadas en 30.000 euros. O conxunto de dedicacións parciais, xa que logo, non aumenta o gasto por riba do que o farían dúas exclusivas de 45.000 euros.


A medida foi aprobada polos concelleiros do BNG, votando en contra os do Partido Popular e o edil de Espazo Común.


Os plenos celebraránse cada dous meses, o terceiro luns, ás 10 da mañá. Os concelleiros que non sexan do grupo de goberno percibirán 120 euros pola asistencia a cada sesión.

Postura do Partido Popular de Mazaricos

Para o Partido Popular de Mazaricos “trátase dunha decisión inédita e lamentable que ademais senta un precedente nefasto para os futuros gobernos do Concello. Nos últimos meses aumentouse en mais de 130 mil euros o gasto en salarios nun concello cun gran problema de despoboación e uns presupostos que non permiten despilfarros en soldos políticos prescindibles”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos