13.5 C
Santa Comba
viernes, mayo 31, 2024

“Perdemos un deputado nos partidos xudiciais da Coruña, Santiago e Noia por culpa dos que votaron a Vox e esos votos non serviron para nada máis que para que o BNG sumase máis deputados”

Diego Calvo apela ao voto ao PP: “Se queremos que gañe Feijóo, hai que votar a Feijóo. Que ninguén se engane, todo o que non sexa coller a papeleta do Partido Popular é darlle folgos a Pedro Sánchez”.

Votar ao PP para evitar “desgustos”

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, fixo un chamamento a concentrar o voto no PP, para evitar “desgustos” e puxo como exemplo as recentes eleccións municipais, enviando unha mensaxe directa ós votantes de Vox nos últimos comicios:

Asegurou que os votos acadados nas últimas eleccións a esta formación evitou gobernar a Deputación: “Perdemos un deputado provincial nos partidos xudiciais da Coruña, Santiago e Noia por culpa dos que votaron a Vox e esos votos non serviron para nada máis que para que o BNG sumase máis deputados”, explicou o líder provincial, quen incidiu en que “non podemos cometer outra vez ese erro porque o poderiamos pagar caro o domingo e permitir que Sánchez siga catro anos máis”.

Feijóo “un home serio e traballador”

Diego Calvo puxo en valor ao candidato Alberto Núñez Feijóo:“Os que coñecemos ao noso presidente sabemos que é un home serio, traballador, de principios, de palabra e sincero. Sabemos que é un home cos pés na terra e que sabe de onde vén”.

No acto celebrado en Carballo, tamén participou a candidata ao Senado, Rosa Gallego e o portavoz local e deputado autonómico, Rubén Lorenzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos