14.1 C
Santa Comba
domingo, julio 14, 2024

Aprobados os soldos políticos en Corcubión co voto favorable de BNG e PP

O goberno local de Corcubión, do BNG, terá dous cargos políticos remunerados. O alcalde Francisco Xabier Domínguez percibirá uns 31.000 euros brutos anuais e a concelleira María Bella 15.234 euros, por media xornada. Bella coordinará as área de Cultura, Benestar Social, Muller e Igualdade.

A proposta foi aprobada cos votos a favor do executivo do BNG, e dos dous concelleiros do Partido Popular na oposición. Sempre Corcubión abstívose e o Partido Socialista votou en contra.

Críticas do PSOE

Os socialistas critican esta postura do PP e BNG que votaron en contra dos salarios do anterior goberno:”Agora o PP de Corcubión volve ao rescate do Bloque poñéndose dacordo paara aprobar dúas adicacións” que “supoñen un incremento de case o 50% ao aprobado hai 4 anos para o goberno socialista”.


“Tanto o BNG como o PP de Corcubión deberían pedir desculpas públicas por denegarlle ao PSOE, durante 20 anos o que eles agora argumentan como algo imprescindible para o bo desenvolvemento do goberno municipal”.

FOTO-ARQUIVO INVESTIDURA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos