20.6 C
Santa Comba
lunes, octubre 2, 2023

Piden solucións ao problema do tráfico en Laxe

Foto-Unidas Podemos Laxe

O BNG de Laxe levará a pleno “o caos de tráfico, circulación e de aparcamento” de Laxe.

Para o portavoz municipal, Xosé Manuel Pose, é “incomprensible que o Partido Popular siga cruzado de brazos ante un problema que o pobo soporta desde hai anos, sen que o equipo de goberno tome ningunha medida, non sabemos se por incompetencia, por pasotismo ou polas dúas razóns. Pero quen paga esta incompetencia é a veciñanza. Tivemos catro anos perdidos nesta materia e parece que o Goberno de Pérez Añón vai polo mesmo camiño, por iso desde o BNG tomamos a iniciativa levando este asunto a pleno”.

Lembran que hai un plan de tráfico aprobado que non se chegou a executar.

Consideran importante “reordenar a circulación nas rúas do casco urbano, aparcamentos disuasorios que quiten o exceso de coches do centro, aumentar as prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e espazos de aparcamento específico para motos, bicis, autobuses e caravanas”.

Os nacionalistas queren que haxa unha correcta sinalización dos aparcamentos sendo prioritario “re-deseñar o sentido da circulación das rúas no casco urbano para mellorar a tráfico interno de vehículos no concello, previa consulta coa veciñanza caso a caso”.

Segundo explica Pose “no BNG temos propostas para darlle solución a un problema que afecta de cheo á veciñanza e conseguir un Laxe que funcione ante a falta de medidas por parte do equipo de goberno”.

Unidas Podemos pide que se cumpra a ordenanza de tráfico

Pola súa banda, Unidas Podemos esixe o cumprimento da Ordenanza Municipal de tráfico e incide na necesidade dun plan de regulación de leste en Laxe.

O edil Fernando do Moral Regaldie opina que é unha cuestión “urxente”. Fanse eco dun accidente (achegan foto) e aseguran que recolleron “diversas queixas dos veciños pola alta velocidade coa que circulan vehículos na única estrada que atravesa o pobo xunto ao paseo marítimo e que termina no porto”.

UP propón aparcamentos disuasorios “á entrada do pobo non opcionais, e o acceso ao centro urbano debe limitarse a residentes, servizos e portos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos