8.6 C
Santa Comba
jueves, abril 17, 2025

Persoa excarcerada en Ponteceso e rescate no Ézaro


Informa AXEGA 112


Ponteceso (Foto Bombeiros de Carballo)


Os Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso excarceraron ao condutor e único ocupante do vehículo, coa colaboración dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Posteriormente, a persoa ferida foi trasladada ao Punto de Atención Continuada de referencia nunha ambulancia.


O accidente produciuse no quilómetro 5 da AC-419, ás 21:00 horas da pasada noite. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia, nese momento, para dar conta do accidente.


Axiña, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.

Rescate en Dumbría

Por outra banda, unha persoa caeu do paseo marítimo do lugar de Ézaro a unha zona rochosa, desde unha altura de dous metros. Os Bombeiros de Cee utilizaron unha padiola para evacuala ao lugar onde se encontraba a ambulancia. Posteriormente, foi evacuada ao Hospital de Cee con feridas na cara.

O suceso rexistrouse no 112 Galicia uns minutos despois das 00:15 horas da pasada noite, a través da comunicación dunha persoa particular.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos Bombeiros de Cee.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos