12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Camariñas honrou á Virxe do Carme

Camariñas está de festa. E este domingo era o día grande, aínda que os festexos prolónganse ata o martes.

O “Mar de Grecia” trasladou a imaxe da Virxe do Carme que fixo o tradicional traxecto por mar entre Camariñas e Muxía, escoltado polos demais barcos e centos de persoas que non quixeron perderse o roteiro, mentres outra moita xente esperaba na vila encajera.

A “Virxe” saíra do tempo de San Jorge acompañada pola Danza de Arcos que a secundou ata o porto onde se celebrou a misa de campaña, antes de subirse ao barco elixido este ano e patroneado por Adrián Campaña.

E as autoridades locais, como a alcaldesa Sandra Insua, a portavoz popular e deputada autonómica, Paula Mouzo Mas, e outros membros da corporación. Tamén estiveron dirixentes socialistas como o Ministro de Sanidade en funcións e candidato ao Congreso, José Miñones ou o candidato ao Senado, Xosé Sánchez Bugallo.

Ao retorno da procesión marítima soou unha potente traca de bombas de palenque, antes da sesión vermú. Pola noite non faltou a sesión de fogos artificiais e unha verbena con Los Satélites e a orquestra Miramar.

Este luns continúan as celebracións. A música correrá por conta do grupo Tania Veiras e París de Noia. O martes haberá unha sardiñada (14) en Area da vila para despedir as celebracións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos