12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Noticias de Santa Comba. Venres 14 de xullo de 2023

Actos políticos de BNG e PP// Asamblea Xallas F.C.// Punto de Atención da Seguridade Social

Mitin BNG este sábado

O BNG organiza un acto político este sábado 15 de xullo no multiusos desde as 21h. Intervirán os candidados Xesús Gómez Antelo (Senado), Xosé Antonio Andrade (Congreso), Esther Vieito e Juan David Sixto(BNG local), o responsable do Bloque en Suíza Xosé Abelenda e o Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

Mitin PP con María Pose, Marta González e Ethel Vázquez

O Partido Popular celebra o seu mitin de campaña en Santa Comba este domingo 16 de xullo. No Multiusos, desde as 21,30. Intervirá a portavoz local e candidata suplente ao Senado, María Pose, a número 2 ao Congreso pola provincia coruñesa, Marta González e a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle.

Doro, novo presidente do Xallas

Sergio Prego Cancela “Doro” é o novo presidente do Xallas F.C. despois da asemblea celebrada esta semana . O “Tigre de Bazar”, xogador en activo, colle as rendas do clube cunha directiva na que estará acompañado por dous ex presidentes como Beatriz Velo (Vicepresidenta) e José Manuel Pérez Gorgal(Tesoureiro).

A secretaria é Carla Fernández Castro. Conforman o equipo os seguintes vogais, Luis Rodríguez, Xavier Mourelle, Bruno Prego, Manuel Couto, Patricia Senra, Natalia Pereira, Yolanda Pereira e José Manuel García.

Punto de Información Seguridade Social

O Punto de información da Seguridade Social do concello de Santa Comba estará operativo durante todo este verán.

Está localizado na segunda planta da Casa do Concello e presta o seu servizo todos os luns de 8,30 a 14,30h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos