11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

A situación económica do consistorio xalleiro enfronta a PSOE e PP

Santa Comba celebrou un pleno de organización que transcorreu con tranquilidade e ausencia de debate ata a recta final. Todos os puntos foron aprobados polos edís socialistas coa abstención do PP (faltaron tres edís).

No punto dos salarios chegaron as friccións dialécticas. O goberno expuxo un soldo de 52.000 euros brutos anuais para o alcalde, e catro dedicacións parciais de 30.000 euros brutos anuais (75% da xornada) para Patricia Val Antelo, Noelia Baleato Toja, Estefanía Calvelo Muñiz, e Pablo Negreira Souto.

Por asistencia a plenos e xuntas de goberno local percibiranse 120 euros e 60 euros a comisións e mesas de contratación.

Os plenos celebraranse con carácter bimensual (o cuarto venres de cada mes impar ás 21h). Haberá seis comisión informativas.

Debate entre Alberto Romar e María Pose

A portavoz popular sinalou a “diferenza considerable” en soldos entre o anterior mandato e agora e referiuse “a un alcalde sen ningunha experiencia”.

Reprochou que se criticase “que o concello era un desastre e non había diñeiro” e íanse a gastar en cargos políticos “un millón de euros en catro anos”.

Alberto Romar respostou:“Vou a levantar este pobo e acabar coa política individual que levan facendo vostedes trinta anos”.

«Nós non temos asesores e vostedes sí tiñan asesores»

Acusou os populares de “mentir” e afirmou que “hai membros da súa lista que foron por un favor”, comentando que “Vostede dixo que non cobra soldo, cobrou 7.320 euros” e “nós non temos asesores e vostedes sí tiñan asesores”. O mandatario vencellou as retribucións “ó traballo que facemos” e tamén se referiu a situación dos traballadores.

“Os traballadores estaban moi cómodos” declarou María Pose que lle lle pediu ó rexedor que “se dedique a traballar a non faga política de desprestixio”. Anunciou que ía a “seguir traballando polos meus veciños”.

Houbo cruces de críticas e alusións á política eólica e sobre todo a situación económica.

Alberto Romar fixo diferencias entre os datos do arqueo de contas difundido nas redes polo PP e o estado actual:”Temos dous millóns e medio de euros en facturas pendentes de pago”.

Comprometeuse a mirar “factura por factura” e a “garantizar os servizos básicos” e criticou a xestión anterior “Non sei como poden estar orgullosos do seu traballo”.

VÍDEO PLENO SANTA COMBA

Estrutura do goberno xalleiro

Acompañarán a Romar na xunta de goberno Noelia Baleato Toja, Patricia Val Antelo, Pablo Negreira Souto e Carlos Turnes Romero.Noelia Baleato é a primeira tenente de alcalde, Patricia Val, a segunda e Pablo Negreira, o terceiro.

O reparto de concellerías queda así

Noelia Baleato Toja: Turismo; Promoción Económica e Emprego; Atención á Veciñanza; Asociacionismo e Voluntariado; Comercio.


Patricia Val Antelo: Cultura; Deportes; Educación; Formación; Normalización Lingüística; Comunicación e Tecnoloxía; Xuventude.


Estefanía Calvelo Muñiz:Servizos Sociais; Igualdade e Muller; Conciliación; Benestar e Promoción da Saúde.


Pablo Negreira Souto:Obras e Servizos; Urbanismo e Mobilidade.


Carlos Turnes Romero: Gandaría; Desenvolvemento Rural; Medio Ambiente; Patrimonio


María Salomé Bustelo López: Eventos e Festas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos