O concello de Vimianzo celebrou o seu pleno de organización. O goberno terá dúas dedicacións exclusivas e unha parcial e as súas áreas quedan distribuidas do seguinte xeito.
• Mónica Rodríguez. Alcaldía, Presidencia a área de Persoal e Facenda.
• Víctor Muíño, 1º tenente de alcaldesa. Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente, Servizo de augas e Parque Empresarial.
• María José Pose, 2ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá.
• Miguel Ángel Pérez, 3º tenente de alcaldesa. Concellaría de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil.
• Rosa Blanco, 4ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Cultura, Patrimonio e Biblioteca.
• Mario Andújar. Concellaría de Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local.
• Sergio Miñones. Concellaría de Deportes, Mocidade e Festexos.
• Manuel Pose. Concellaría de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostelería.
• Beatriz Pazos. Concellaría de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo.
• Josefa Campos. Concellaría de Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo.
No pleno aprobouse a designación de tres dedicacións exclusivas: unha para a rexedora, Mónica Rodríguez; e outra para María José Pose, edil de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá. O concelleiro de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil terá unha dedicación parcial (75%).
Doutra banda, fixáronse as periodicidades das sesións do Pleno que se celebrarán con carácter bimestral o último mércores de cada mes impar do ano, as 09:00 horas, no Salón de Plenos.
VOTACIÓNS
No pleno, o reparto de dedicacións contou cos votos a favor do PSOE, o BNG votou en contra e o PP abstívose. A periodicidade das sesións plenarias foi apoiada polo PSOE, mentres que BNG e PP votaron en contra.