12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O PP presenta unha moción para dar relevancia á figura de López Abente

O Partido Popular de Muxía rexistrou unha moción para por en valor a figura do escritor muxián Gonzalo López Abente con motivo do 60 aniversario do seu pasamento.

Os populares propoñen que o departamento de cultura realice unha programación cultural específica, no que resta de ano, en torno a figura do ilustre poeta.

Fundación López Abente

Achegan tamén unha alternativa a actual Fundación López Abente:“Parece ser que a figura da fundación xera problemas burocráticos pero a resposta non pode ser non facer nada, por eso propomos que se cree unha asociación que sustitúa a fundación que sea incentivada e promovida dende o Concello” explica a portavoz Sandra Vilela.

Os populares tamén piden que o CEIP “Os Muíños” pase a chamarse CEIP “Gonzalo López Abente”.

Lembran que o vindeiro 23 de xullo cúmprense 60 anos do pasamento do autor de poemarios como “Decrúa” ou “Alento da raza”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos