A Fundación Brandomil presentou o seu documental “O Brandomil soterrado” que “reproduce as etapas ata descubrir e por en valor parte do inmenso xacemento que esconde Pedra do Altar en Brandomil”.
Na presentación, que tivo lugar fai uns días na caseta da Igrexa parroquial de San Pedro de Brandomil, interviron o alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín e Noelia Santos Pose da Fundación Brandomil.
A importancia do xacemento de Brandomil
Os dous destacaron á importancia do xacemento como punto de interese turístico no Camiño de Santiago por Brandomil.
Noelia Santos informou dos “grandes avances que se están a producir nas últimas semanas, xa que apenas dous días antes da presentación, o equipo arqueolóxico tería destapado dúas novas salas, unha delas derrubada e a outra cun muro intacto e cun pavimento perfectamente identificable”.Tamén se descubriron novos restos de cerámica.
Asistiu á presentación o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar.