Santa Comba celebrou o día de San Pedro cunha animada verbena protagonizada polas orquestras Ritmo Joven e o Grupo Bomba.
Foi a segunda xornada despois da xornada inaugural co pregón de Rosa Facal e a actuación de Fillas de Cassandra, Gran Parada e DJ Rokiño.
Este venres chega unha das grandes orquestras estatais, El Combo Dominicano, co seu “Nos vamos de fiesta tour”. Estará a discoteca móbil Mega CDC. Sesión vermú co trío Alborada. As19,30 no salón de actos da vivenda comunitaria actúa o Mago Teto co espectáculo “Rock & Magic”.
Os festexos rematan este sábado, coa charanga NBA durante toda a xornada, sesión vermú coa orquestra Escaparate e pola noite Escaparate, París de Noia e discoteca móbil CDC