A arquitecta xalleira Rosa Facal deu o “pistoletazo” de saída ás Festas de San Pedro cun pregón no que convidou ós presentes a “valorar a familia” e a “valorar o noso concello”, aproveitando ademais para “render tributo a labor das mulleres e en especial as mulleres xalleiras, traballadoras, abnegadas, doces, tenaces, sufridoras e silenciosamente loitadoras”.
A protagonista do programa da TVG “Galicia Bonita” tamén gabou con tinguiduras poéticas a Santa Comba:
“Somos en definitiva de Santa Comba, sitio onde o vento da volta, onde os corvos de Eduardo Pondal, sentaron cabeza e dictaron cátedra, onde a auga é parte do noso bautismo diario, onde os nenos e as nenas saben que o leite non sae dun brick, onde o microclima vai en contra das témperas e onde sempre unha palabra dada vai a misa”.
Estivo acompañada por membros da comisión de festas e polo alcalde xalleiro, Alberto Romar, que convidou ós xalleiros a gozar destes días, louvou o traballo da comisión de festas e das distintas entidades do concello e amosou o seu “orgullo” por ser “o alcalde de Santa Comba “pase o que pase e sexa a situación que sexa”.
Na primeira xornada actuou a asociación Axio Mouro, e houbo unha primeira verbena que acolleu un concerto do grupo As Fillas de Cassandra, a actuación da Orquestra Gran Parada e DJ Rokiño.
Este xoves 29 de xuño, día de San Pedro, hai pasarrúas con Axio Mouro, misa ás 13h, sesión vermú con Ritmo Joven (14,15h) e verbena con Ritmo Joven e o Grupo Bomba.