16.2 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

O Tribunal Supremo non admite a trámite un recurso presentado en relación coa traída de augas de Grixoa

O Tribunal Supremo dictou a “inadmisión” a trámite dun recurso presentado polo concello de Santa Comba contra a sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que estimaba un recurso fronte a resolución do concello xalleiro que no seu día concedeu a licencia a Comunidade de Usuarios de Augas de Grixoa para a legalización da traída veciñal.

O Tribunal Supremo inadmite o recurso presentado fai uns meses polo goberno local saínte “por falta de fundamentación suficiente” e “por carencia nos termos nos que foi preparado o recurso, de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia”.

Ademais o TS impón o pago das costas procesais ao concello de Santa Comba que deberá afrontar o pago das mesmas estipulada nun máximo de 1.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos