16.7 C
Santa Comba
sábado, septiembre 23, 2023

Ferido un condutor logo de caer co seu turismo na praia fluvial de Esmorode

Información-AXEGA 112 – Foto- TVG


Este era o único ocupante do vehículo, que acabou no río ao caer desde a ponte da praia fluvial de Esmorode. Os servizos de emerxencias instalaron unha barreira para evitar que o combustible do vehículo se estendera polo río.

Tras recibir o aviso sobre as 19:20 horas, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba.

Cando chegaron, os Bombeiros comprobaron que a persoa xa saíra do vehículo polos seus propios medios, pero continuaba no río. Entón procederon a auxilialo cunha padiola e, a continuación, foi atendido polos servizos sanitarios.

Ademais, comunicaron ao 112 Galicia que o vehículo estaba a perder parte do seu combustible, polo que os membros de Protección Civil instalaron unha barreira anti contaminación co obxectivo de evitar que esta se espallase polo curso do río.

Actualización

Segundo precisaron desde a TVG antes de ser evacuado do Río Xallas, o mozo pudiera sañir do coche, » porque levaba as ventás abertas e o axudaron uns pescadores»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos