15.4 C
Santa Comba
lunes, septiembre 25, 2023

Festa das Cereixas en Paiosaco con Sés, DJ Rokiño e diversas actividades

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do municipio, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase na fin de semana do 1 e 2 de xullo. O alcalde, José Manuel López Varela e a edil Patricia Bello en representación do Concello, e parte das integrantes da Comisión de Festas de Paiosaco, presentaron o programa desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia nun acto celebrado no campo da feira da localidade.

Puzzle, Impacto e DJ Rokiño


O sábado 1 de xullo a festa comezará coa sesión vermú a cargo do grupo Puzzle, que tamén actuará na verbena nocturna que rematará coa Disco Móbil Impacto e o DJ Rokiño. Á tarde, oitava edición do Aberto das Cereixas de billarda a cargo do Club Billarda Campo da Feira.


Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas, a charanga dos Kilombertos de Monte Alto amenizará a xornada de feira. Na sesión vermú actuará o Dúo Charada.


A partir das 18:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.

Concerto de Sés


Pola noite, a partir das 21:30 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto de Sés. A cantautora coruñesa, moi vinculada á comarca de Bergantiños, actuará por primeira vez no municipio por iniciativa do Concello, e será cos temas do seu último disco Diante un eco.


Ao remate do concerto haberá fogos artificiais. Ademais, a Comisión de Festas de Paiosaco está a ultimar unha derradeira actuación para a noite do domingo coa que se pechará o programa e que se anunciará en breve nas súas redes sociais.


Na organización da Feira das Cereixas de Paiosaco, Festa de Interese Turístico de Galicia, o Concello da Laracha e a Comisión de Festas de Paiosaco contan coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Abanca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos