Xornada calorosa e intensa a que se viviu un ano máis na Area da Vila de Camariñas. Presumen os seus promotores de ter a maior “Lumarea de Galicia”. E non é para menos.
Multitude de veciños do municipio e da comarca non se quixeron perder unha cita tan intensa. Música folclórica e charangas, sardiñas con cachelos e broa e unha magnífica réplica do HMS Serpent que foi devorada polo lume purificador, co aliciente engadido dunha rechamante sesión de fogos artificiais.
As imaxes xa falan por í soas. E non faltou a verbena cunha discoteca móbil e a actuación prevista de Los Coleguitas.