13.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Alberto Romar: “A día de hoxe o concello de Santa Comba debe en facturas 2,5 millóns de euros”

O alcalde de Santa Comba , Alberto Romar, ofreceu a súa primeira entrevista como alcalde na emisora Radio Xallas. Sinalou que o seu grupo tiña unha folla de ruta marcada pero non ocultou o seu malestar nestes primeiros días de mandato.

Sinalou que o importe das facturas pendentes de pago é moi superior o publicado en distintos medios:“A día de hoxe o concello de Santa Comba debe en facturas 2.508.000 euros”.

Criticou o “gasto importante feito en obras e en favores personais á xente” para “tentar gañar unha campaña que perderon” mentres o municipio está abandonado: ”Dame vergonza como está Santa Comba”.

Facturas dubidosas

Anunciou que “imos fiscalizar as facturas unha a unha” antes de tomar decisións:”Témome que hai facturas de servizos que non se fixeron. Garantizo que vanse a tomar medidas”.

De tódolos xeitos, Romar quixo mandar á veciñanza unha mensaxe de optimismo e pediu tempo para desenvolver o seu proxecto de cambio:“Vou a levantar a este concello seguindo un criterio de xustiza, porque non había xustiza. Acabáronse os favores persoais”.

Ten a intención de modificar algún dos plans de obras aprobados para facer as cousas “con criterio e con cabeza”. No punto de partida deste mandato está centrado na organización e tamén “en obras que hai que darlle para adiante”.

Para o mandatario “Hai problemas de organización terribles que non veñen dos empregados”.Percibe que “estamos moi atrasados, temos que avanzar como pobo, non con favores persoais”.

Podes escoitar aquí a entrevista de Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos