12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Asalto ao Castelo de Vimianzo : os irmandiños non se renden

// Tanxugueiras, De Vacas, Monoulious Dop, Huntza, Lamatumbá e Os Festicultores actuarán en Vimianzo. //

Xa está preto unha nova edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo. O día grande é o sábado 1 de xullo.

Durante ese día haberá unha feira artesanal a un amplo cartel de actividades diversas:xadrez, xogos, concertos ou a realización dunha escultura con motoserra, con espectáculo de corte de tronco de aizkolari.

O Asaltiño para os nenos, a historia dramatizada do Castelo, ou o Desfile das Irmandades Parroquiais son outros alicientes.

Haberá música na rúa con Javi Sampedro e Suso Quinito, Terra Morena ou Mestura Fol. E tamén IGMIG, os gaiteiros de Buxantes, a Batucada das Curandeiras, Medio Quinhón, Rapacollon´s Big Band de Fisterra ou DIDGETOMM & Dance Machine.

Tanxugueiras desde as 10 da noite

O concerto de Tanxugueiras comezará ás 10 da noite. Despois chegará o momento álxido do Asalto ao Castelo, e as actuacións de Huntza, Lamatumbá e Os Festicultores.

Pero está Festa de Interese Turístico de Galicia ten outras citas previas ao sábado 1 de xullo. O venres 30 celebrarase a Cea Medieval. Haberá animación co bufón Dani Blanco e malabares Américo, queimada con druída e música con Cé Orquestra Pantasma, De Vacas e Monoulious Dop.

Sen esquecernos dos Pinchos Irmandiños, do 27 de xuño ao 1 de xuño, ou a Legua Irmandiña (24 de xuño).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos