Despois de xornadas de incerteza, Iago Toba Campaña tomou posesión do seu cargo o pasado sábado e xa fixo público o reparto das áreas do novo goberno municipal.
O rexedor asumirá as áreas de Persoal, Turismo e Emprego, mentres que os compañeiros do seu anterior mandato, Olalla Benlloch e Javier Romar, estarán ao fronte das concellerías de Cultura, Educación e Igualdade; e Obras, Parroquias, Medio Rural e Seguridade, respectivamente.
Ademais, a número 4 deste goberno, Patricia Domínguez, será a encargada de Servizos Sociais, Asesoramento ao cidadán e Consumo. O número 5, Felipe Vilela, será o responsable de Deportes, Xuventude e Asociacionismo.
Olalla Benlloch será a primeira tenente alcalde, e Javier Romar o segundo tenente alcalde.