9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

“Na Encrucillada” volve ás ondas de Radio Xallas

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, cumpriu coa palabra dada no seu día nunha entrevista realizada na “Trencha” de Adiante TV.

“Un dos primeiros pasos será devolver a radio onde estaba” manifestou a finais do pasado mes de outubro Romar, sendo xa candidato do PSOE.

Cualificaba de “inadmisible” as decisións do goberno do PP con respecto a “unha radio que funcionaba perfectamente”, e falaba de “falta de transparencia”.

De 11 a 13h, de luns a venres en directo

Este martes 20 de xuño no 107.5 da FM e tamén por internet volvíase a escoitar un programa que levaba anos en antena, o magazine “Na Encrucillada” presentado polo locutor do concello e director deste xornal, Xosé Manuel Lema.

Desde o pasado mes de outubro e ata fai uns días, o anterior goberno optou por unha fórmula radiofónica distinta, onde este espazo quedou eliminado así como as funcións do ata entón coordinador da programación.

Agora, xa se pode sintonizar de novo “Na Encrucillada”, cun formato de verán, entre as 11h e as 13,00h, con noticias, axenda, entrevistas, e outras seccións.

Son moitas as mensaxes de apoio e ledicia expresadas a través das redes sociais e tamén na propia emisora. Estas foron as primeiras palabras pronunciadas polo locutor despois de que soara a canción de entrada composta por Manolo Couto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos