A oficina de turismo de Muxía abriu as súas portas de forma permanente desde este xoves 15 de xuño.
Segundo informan desde o concello está ampliación do servixo “contribuirá a prestar unha asistencia de maior calidade e adaptada ás necesidades da vila”.
Consideran que isto suporá “un avance de cara á tramitación de recoñecemento do Concello de Muxía como ConcelloTurístico solicitada á Xunta de Galicia”.
Paralelamente a esta apertura permanente da oficina turística, tamén se están a organizar os horarios da biblioteca para que este servizo poida retornar ao seu funcionamento habitual nas vindeiras semanas.