10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

A Xunta concede axudas para as Festas de Interese Turístico

As quendas das grandes festas do verán chega a comarca e dentro destas nun capítulo destacado pola súa singularidade están aquelas declaradas festas de interese turístico de Galicia.

A declaración destes eventos ademáis da promoción institucional leva consigo un aporte económico cada ano para os concellos que o soliciten. A Axencia de Turismo de Galicia que ata agora dirixía Nava Castro repartiu este ano 400.000 euros para estes eventos, destinando tres mil euros a cada concello.

Varias festas na Costa da Morte

Na Costa da Morte recibiron esta axuda o Asalto ao Castelo e Vimianzo, a Festa do Percebe do Roncudo de Corme-Ponteceso, a Mostra de Encaixe de Camariñas, a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, a Festa do Naufraxio de Laxe e a Festa das Cereixas de Paiosaco-A Laracha.

Os concellos só poden facer una solicitude, e aínda que é un feito inusual que nun municipio teñan dous festexos de interese turístico o caso sí se da en Vimianzo onde tamén contan coa Faguía de Carnés.

Ata agora era a única declarada no municipio, desde 2010, e por iso recibía o Concello de Vimianzo entre 3000 e 4.500 euros de subvención. Este ano as autoridades municipais decidiron pedir a axuda para a promocion do Asalto, que o ano pasado entrou na lista dos grandes eventos de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos