9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

A construción dunha depuradora na contorna da Igrexa románica de Xaviña xera críticas

O BNG de Camariñas anuncia que preguntará no pleno pola depuradora que se está construíndo en Xaviña “xa que o lugar escollido para a súa localización non parece o máis acaído ao estar inmediata a un ben de relevancia patrimonial como é a Igrexa románica do século XII”.

Os nacionalistas manifestan que “esta situación está a causar malestar entre a veciñanza ao ser este un lugar moi apreciado por toda a xente da parroquia e do concello”.

Consideran que é o resultado da “falta de planificación das infraestruturas do concello”.

Verteduras

O BNG tamén denuncia os “os vertidos continuos de augas fecais directamente a ría” a través da rede de saneamento na entrada da vila de Camariñas.

Preguntarán non pleno “que medidas se van a tomar para atallar e arranxar estes verquidos continuos altamente contaminantes”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos