9.8 C
Santa Comba
sábado, septiembre 23, 2023

Talento camariñán nos Premios Martín Códax

O barco do talento de Camariñas atracou nos premios Martín Códax. Unha mostra da efervescencia artística cultural da Costa da Morte, abandeirada, neste caso por tres grandes artistas do concello onde o Faro Vilán escribe versos de luz sobre o mar.

Moura, a banda de Belem Tajes

O grupo coruñés Moura gañou na categoría Punk e Rock. Está formado por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Alberte e Belém Tajes.

Esta serea de Arou achega a súa voz e toca distintos instrumentos como o pandeiro, teclados a lata ou a pandeireta. Belem é talento puro e xunto con outros proxectos, desenvolve unha interesante carreira individual.

No seu último EP “Un Mapa”, podemos certificar o que dicimos con escoitar temas como “Fracaso”, “Pájaro Negro”, “Chacarera del Limonero”, ou “Pochoclo”.

Con respecto a Moura, o seu último traballo leva por título “Axexan, espreitan”, editado por Spinda Records.

O laureado Álvaro Trillo, integrante de Udra

O premio Martín Códax na categoría Blues, Funk e Soul foi para o trío UDRA. Aí está outro camariñán, Álvaro Trillo, un músico xa curtido en diferentes , de feito este é o décimo premio que recibe un proxecto no que ten participado como Ataque Escampe ou Voodoo.

O último lanzamento de Udra é “Paisaxe” un tema que podes escoitar nas plataformas dixitais.

Carlos Barcia trunfa con Arrhythmia

Carlos Barcia Trashorras é outro músico activo. Comezou a colaborar cos lucenses Arrhythmia nas súas actuacións en director e agora xa é un máis. Veñen de gañar (xa teñen outro premio) o Martín Códax na categoría de Heavy e metal.

Xa escribín sobre esta banda noutro artigo. Teñen tres discos e son habituais de diferentes festivais. Os seus seguintes concertos están previstos no Noceda Rock de Lalín (17 de xuño) o no Auturuxo (Bravos-Ourol) o 29 de xullo.

Desde aquí felicitamos a Belem Tajes, Álvaro Trillo e a Carlos Barcia e as súas respectivas bandas por este recoñecemento.

PARABÉNS !!!!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos