14.7 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Malestar en Camariñas polos prezos dos Obradoiros de Tempo Libre

Os obradoiros de Tempo Libre promovidos polo concello de Camariñas están provocando malestar polos importantes incrementos nas taxas.

Xurxo Rodríguez Baña

Moción do BNG para reducir as taxas

O BNG presentou unha moción para que pedir que o concello reduza as taxas dos obradoiros de tempo libre.

Entenden os nacionalistas que Camariñas padece un “excesivo endebedamento” pero segundo palabras de Xurxo Rodríguez Baña “non podemos permitir que o peso do pago da débeda recaia nas taxas que teñen que abonar as familias para os obradoiros de tempo libre ou calquera outra actividade para a xente nova”.

O BNG defende que as taxas sexan “simbólicas e razoables”, xa que “a situación económica familiar non pode condicionar que haxa nenos de primeira e de segunda”.

Queren que se aprobe a redución das taxas e se devolvan os importes ás persoas que xa pagaron.

Paula Mouzo Mas

O PP pide ao goberno que escoite ás familias

Pola súa banda, o PP de Camariñas pide ao goberno local que rectifique e non “cargue os números vermellos dunha mala xestión nos petos das familias”

A portavoz popular, Paula Mouzo Mas, opina que “estamos ante unha suba moi importante destes prezos que está provocando malestar na veciñanza, e polo tanto pedimos a alcaldesa Sandra Insua e ao goberno do PSOE, que escoite ao pobo , reflexione sobre esta medida e valore seriamente a posibilidade de rectificar”.

Para os populares os servizos de conciliación deben ser unha prioridade e tamén o diálogo “e non podemos cargar os números vermellos dunha mala xestión nos petos das familias”.

Paula Mouzo propón que se organice unha reunión aberta e se escoite ás familias de Camariñas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos