Informa-AXEGA 112- FOTO-Arquivo- Xosé Antonio-Wikipedia
Os equipos de emerxencias utilizan o maleteiro para sacar a tres persoas con dificultades para saír dun coche envorcado.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes deste mediodía no lugar de Langueirón, en Ponteceso.
Quen acudiron para socorrer aos ocupantes prestáronse voluntarios para darlle a volta ao coche, mais agardaron a chegada dos membros do GES de Ponteceso, que utilizaron a porta traseira do vehículo para sacar as persoas.
Dos tres ocupantes, dous necesitaron evacuación médica. De feito, foron trasladados por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nun primeiro momento, ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.
Desde o 112 Galicia avisouse, tamén, aos Bombeiros de Bergantiños, pero os ocupantes xa estaban fóra do coche e recibindo a atención médica.
Igualmente, contouse coa colaboración dos axentes de seguridade, concretamente da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.