5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unanimidade na elección da Xuíza de Paz da Laracha

Este venres celebrouse o último pleno ordinario do actual mandato. Tralo habitual minuto de silencio en sinal de recordo e respecto ás vítimas da violencia de xénero, abordouse o único punto da orde do día, consistente na elección da xuíza de paz titular.

Por unanimidade dos tres grupos municipais, acordouse volver nomear a Estela María Espiñeira Esmorís, que continuará no cargo que xa vén desempeñando desde o ano 2015.

A súa elección entre as tres candidaturas presentadas determinouse tomando en consideración tanto a súa experiencia no posto como a formación académica como licenciada en Administración e Dirección de Empresas. O acordo plenario será remitido á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na sesión de hoxe non foron presentadas por escrito mocións, rogos ou preguntas por parte de ningún grupo municipal.

Sendeiro de Saldoiro

A axencia Turismo de Galicia trasladou ao Concello a concesión dunha subvención coa que será cofinanciado o proxecto de mellora dun tramo do Sendeiro de Saldoiro ao abeiro da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation.

O proxecto elaborado polo Concello pretende a posta en valor da fachada marítima de Caión cunha intervención que procura o múltiplo obxectivo de mellorar nese sector do paseo marítimo a accesibilidade e a seguridade e, ao mesmo tempo embelecelo e revitalizado como destino turístico.

Entre as actuacións a levar a cabo destaca a renovación da varanda de madeira desde a Praza Eduardo Vila Fano ata o acceso principal á praia, incluíndo as escaleiras intermedias de baixada aos areais do Caracoleiro e das Salseiras. Farase con material e deseño sostibles, empregando na construción madeira autóctona, esteticamente axeitada e adaptada á contorna. O proxecto culminarase coa mellora da sinalización e do mobiliario urbano.

O orzamento alcanza os 88.500 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos