26.2 C
Santa Comba
martes, junio 6, 2023

Último día de campaña electoral en Santa Comba

Xa estamos nos últimos compases dunha intensa campaña electoral no concello de Santa Comba.

Tres das forzas que se presentan optan por actos hoxe na capital municipal.

O Partido Popular pecha campaña no complexo A Fortaleza. A candidata María Pose estará acompañada pola Conselleira de Política Social, Fabiola García. Desde as 21,30h. Haberá un DJ.

O Partido Socialista pecha a campaña cun acto no Restaurante Leandro (21,30h). Desde a candidatura encabezada por Alberto Romar anuncian que contarán con animación para favorecer a conciliación.

Espazo Común, que lidera José Antonio Ucha, ofrece o seu mitin peche de campaña no Restaurante Molesón, desde as 21,30h.

O Partido Galego non ten previsto ningún acto de peche de campaña. Miguel Pérez e o seu equipo ofreceron o seu último acto de campaña onte xoves en As Travesas (Restaurante Tío Paco).

O BNG de Juan David Sixto organiza o seu peche de campaña cun acto na Casa da Cultura da Pereira a partir das 21,30h.

.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos