9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

A Xunta inviste 1,2 millóns de euros na ampliación do Hospital Virxe da Xunqueira

O Consello da Xunta aprobou a licitación das obras de reforma e ampliación da área de Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

As melloras contan cun orzamento de 1,2 millóns de euros.

As actuacións

Segundo explican desde o Sergas está prevista a modificación do control de Enfermería, que se emprazará no espazo central e dará lugar a dúas zonas principais: unha zona cun circuíto específico permanente e independente para a atención e illamento diferenciado das persoas con patoloxías respiratorias, e outra, destinada á atención dos pacientes con patoloxías non-respiratorias.

Así mesmo, unha vez finalizadas as obras, a área de Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira contará con 5 novos boxes -todos eles preparados para o illamento de pacientes de ser preciso-, e que se engaden aos 8 xa existentes (7 de observación e o único ata o de agora existente para pacientes illados), completando un total de 13 dependencias.


Máis polo miúdo, a súa distribución implicará que a zona de respiratorios -situada na antiga área de diálise-, sexa demolida para acoller 6 novos boxes para pacientes illados e; no que atinxe á zona de non respiratorios, a consulta e un dos boxes serán unificada para dar lugar a unha estancia dotada con 3 camas, ademais de manter os 6 boxes existentes.
Ademais, na actual zona de espera reformaranse os aseos públicos e; na zona intermedia e corredor de urxencias emprazaranse o novo despacho e a sala de informes, ademais das zonas de descanso para o persoal sanitario.

Agradecemento de Picallo


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, onde o candidato á alcaldía do PP trasladoulle a súa ledicia por este anuncio:


“Esta é unha noticia moi importante para Cee e para a súa comarca e hoxe puiden trasladarlle un agradecemento especial de parte de todo o meu equipo ao conselleiro non só polo seu compromiso, senón polo de todo o Partido Popular para co noso municipio, a súa veciñanza e tamén a comarca na que nos situamos” manifestou Jesús Picallo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos