7.3 C
Santa Comba
jueves, diciembre 12, 2024

Fonda dor polo pasamento de Xosé Manuel García Guillín

A noticia do pasamento de José Manuel García Guillín está causando unha forte conmoción en Santa Comba e tamén nas comarcas de Xallas, Bergantiños ou Dubra.

Este veciño da parroquia de Freixeiro faleceu ós 52 anos de idade.

Está sendo velado na Sala 2 do Tanatorio Santa María de Bembibre-Val do Dubra. O funeral e o enterro están previstos para este xoves 25 de maio, as 12h, na Igrexa e no cemiterio parroquial de San Fins de Freixeiro.

Partillamos un artigo feito por unha persoa que o coñecía ben, Xosé Manuel Vila Liñares, e expresamos as condolencias desta redacción.

«Unha enorme perda humana dun grande de Galicia»

Fondo pesar polo falecemento de Xosé Manuel García Guillín, veciño de Castropombo (Freixeiro). Xosé Manuel, unha enorme perdida prematura déixanos con 52 anos logo dunha longa enfermidade).

Moi querido por todos desde neno, alí por onde pasou destacou pola súa humanidade e formación. A vida foi dura con el, pero certo e que sempre tivo o aplomo dun ser excepcional. Desempeñou unha importante labor no sector empresarial, como fundador de Abertal Networks, empresa pioneira na promoción turistica da Costa da Morte.

Foi concelleiro de promoción económica do 2007 o 2011 en Carballo sendo artífice da incorporación de Carballo no Eixo Atlántico. No 2012 deixou a política activa e puxo rumbo a New York onde traballou como supervisor comercial de TD Bank, iso si continuou moi vinculado a Galicia a través da colaboración no centro galego de New York.

No eido cultural e autor dunha novela, «os donos do pensamento» así como de obras poéticas. Sen dúbida unha enorme perda humana dun grande de Galicia.

Moitas gracias Xosé Manuel.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos