10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O BNG denuncia a saturación do PAC de Santa Comba

Os candidatos do BNG en Santa Comba e Mazaricos, Juan Sixto e Juan Blanco, xunto coa deputada nacionalista no Parlamento Galego, Iria Carreira, denunciaron a falta de recursos do PAC que atende a poboación dos dous concellos e esixiron a ampliación de persoal para a mellora da atención sanitaria.

O BNG rexistrou no Parlamento Galego varias iniciativas para instar á Xunta a comprometerse cun servizo sanitario de calidade dos dous concellos. O PAC presta asistencia a máis de 12.000 pacientes destes dous concellos.

Juan Sixto critica o «lamentábel estado» das instalacións»

Juan Sixto criticou o «lamentábel estado» das instalacións do centro sanitario que demostra que «a Xunta continúa a considerarnos cidadáns de segunda e, cando falamos de sanidade pública temos que ter todos e todas os mesmos dereitos a unha atención sanitaria de calidade».

Juan Blanco insiste nas peticións xa formuladas

Pola súa parte, o alcalde e cabeza de lista de Mazaricos, Juan Blanco, apunta tamén que a «carga asistencial do PAC supera os recursos existentes e xa demandamos en repetidas ocasións tamén a escaseza de persoal da Atención Primaria e as eivas da propia infraestrutura que precisa unha urxente modernización».

Neste sentido, as deputadas do BNG, Iria Carreira e Montserrat Prado, trasladaron ao Parlamento a través de varias iniciativas estas demandas para instar á Xunta a incrementar a dotación de persoal do PAC e a mellora do centro de saúde.

Demandan a contratación de persoal de enfermaría e a realización dun estudo sobre a carga asistencial dos PAC da área sanitaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos