Unhas 600 persoas particiaron este sábado na Festa Homenaxe aos nosos maiores que organizou o concello da Laracha no pavillón do IES Agra de Leborís.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López, agasallaron en nome do Concello á muller e ao home máis veteranos entre os presentes no evento, ambos de 95 anos de idade:
- Felisa Bello Lois, de A Castiñeira (Montemaior).
- Julio Añón Pereiro, de Centulle (Lestón).
Antes do xantar, os párrocos D. Manuel Mayo e D. Manuel Boullón oficiaron a misa no pavillón.