INFO-AXEGA 112– foto archivo
O 112 Galicia tivo constancia, minutos despois das 9:30 horas, dun atropelo a unha persoa no centro de Cereixo (Vimianzo).
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que puxo aos xestores do CIAE-112 Galicia en coñecemento dos feitos.
Ata o punto desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Vimianzo. Ao mesmo tempo, informouse aos Bombeiros de Cee e a Protección Civil da localidade.
A persoa foi evacuada en ambulancia, en estado grave, ao Hospital Virxe da Xunqueira.