12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Critican a falta de planificación do proxecto de reforma das pistas de Reira

O candidato a alcaldía de Camariñas, Xurxo Rodríguez Baña, criticou a falta de “planificación e sentido” do proxecto de reforma das pistas de Reira.

Segundo explican os nacionalistas nun comunicado “o proxecto que agora vai dotar dun sentido único a estas vías fai que as persoas que agora as utilizan teñan que percorrer varios quilómetros para poder a zona das praias de Reira ou do Cemiterio dos ingleses, cuestión fortemente criticada polas xentes do mar que as usan a diario, reducindo o espazo a un só carril e deixando unha franxa peonil separada por tablóns de madeira”.

Advirten do deterioro destes tablóns e indican que “a solución para estas pistas non é sinxela mais debería facerse con materiais que producisen o mínimo impacto na zona e coa garantía de durar e consensuar o proxecto cos sectores afectados e coa veciñanza a que sempre ignora”.

Un Plan de protección

Desde o BNG de Camariñas demandan “con urxencia “ un Plan Especial de Protección para a zona que abrangue a costa dende o Vilán ata Santa Mariña,“para controlar o turismo permitindo o acceso as persoas que o precisen e protexer os entornos dunares en risco e as especies de fauna e flora ali presentes, entre estas especies, a tan querida caramiña”.

Piden que se paralice o proxecto “ no que aínda se esta a tempo de dar atrás, non malgastar máis diñeiro en obras que non teñen visos de ser ás óptimas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos