A candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula Mouzo Más, e o número dous da lista e candidato representante da parroquia, Juan Carlos Amado Sambade, visitaron o parque infantil de Ponte do Porto, situado no Campo do Outeiro.
A raíz de recibir varias queixas veciñais, comprobaron in situ as deficiencias que hai e aseguraron entender o malestar existente na zona. A inseguridade das varandas de madeira, o desgaste do solo, así como o mal estado dos accesos ao interior do parque, son mostras da deixadez dos gobernantes e supoñen un posible risco para as persoas.Tamén na zona enlousada da contorna hai desperfectos e buratos.
Compromiso de Paula Mouzo
“Este parque precisa unha renovación. Desde o PP comprometémonos a renovar esta instalación e os seus accesos, e tamén nos comprometemos a renovar un concello que necesita un cambio”, declarou Paula Mouzo.
NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE CAMARIÑAS