Dous accidentes en pouca marxe de tempo centraron a atención na estrada AC-404, concretamente no treito que pasa polo lugar das Travesas, na parroquia de Santa Sabiña.
E o BNG de Santa Comba acaba de presentar un escrito no que tendo en conta que “un punto de alto risco e elevada sinistralidade”, pídelle ao concello de Santa Comba que reclame á Deputación provincial “ as medidas necesarias para aumentar a seguridade viaria nese tramo”.