9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Mazaricos, espazo de reflexión sobre turismo

O restaurante Casa Jurjo acolleu a II Xornada de Turismo de Mazaricos, onde participaron diferentes persoeiros que coincidiron en valorar as potencialidades da Costa da Morte e na necesidade de apostar pola calidade.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, puxo como exemplo o traballo desenvolvido no seu concello e tamén as posibilidades que oferta o futuro con proxectos como o da Senda do Xallas.

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira reivindicou ese compromiso “por un turismo de calidade” na zona: “Non facemos tan mal as cousas. O gran éxito foi que nun momento de pandemia soubemos compenetrarnos e cooperar” sinalou.

Regueira ten claro que somos “un territorio diverso, cun equilibrio interior-costa, somos un destino potente”.

O presidente do GDR Costa da Morte e alcalde de Zas, Manuel Muíño, explicou o traballo feito coa marca de territorio “Costa da Morte, Terra Atlántica” e demandou unha planificación:”Todos collemos no territorio pero hai que ordenarse”.

Pola súa banda a presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez falou do traballo deste ente, con plan estratéxico e coa aposta “por formar a nosa xente para dar a coñecer a riqueza que temos”.

Desde a asociación Solpor, Jesús Picallo tamén, se referiu a iniciativas como as credenciais do camiño e incidiu no importante atractivo que pode supor a atracción dos chamados “nómadas dixitais”.

Pepe Formoso, presidente de APTCM, declarou que “o gran problema que temos na Costa da Morte é a falta de autoestima”, e amosouse convencido que a zona “ten todo” para a “desestacionalización”.

Foron distintas voces, distintas opinións. Como tamén a de Cesáreo Pardal (presidente do Clúster de Turismo) que chamou a apostar pola conxunción da paisaxe e a gastronomía.

O xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, expuxo a historia desta granxa ecolóxica de Mesía que diversificou a súa actividade cara á transformación do leite e, máis recentemente, as visitas ao complexo dentro dunha estratexia de potenciación e reivindicación do ecolóxico e o rural.


Finalmente, os travel bloggers Beatriz Sotelo e Alberto Ribas, de Petiscos Galegos e Alvientooo, deron o seu punto de vista profesional sobre as oportunidades e os puntos a mellorar da Costa da Morte como destino turístico.


Ao remate do acto, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, agradeceu a participación de poñentes e asistentes e asegurou que «Mazaricos vai continuar medrando e destacándose como un destino referencial, sempre en comunicación con outros territorios da Costa da Morte».


Posteriormente, compartiuse unha degustación de produtos mazaricáns.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos