17.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O xalleiro Xosé Abelenda é novo responsable do BNG na Suíza

O xalleiro Xosé Abelenda é o novo responsable do BNG na Suíza. Substitúe a Baldo Álvarez, un veterano militante na diáspora que retorna a terras galegas.


Este sindicalista e inspector de traballo natural de Grixoa de Esternande leva anos de intensa militancia no nacionalismo, e involucrado en diferentes reivindicacións tanto en Galicia como na confederación helvética.


É un importante activista sempre atento a comprometerse, ben sexa nunha problemática laboral (aínda que teña en fronte unha multinacional téxtil) ou a necesidade de mellorar as infraestruturas no seu concello natal, Santa Comba.


Este nomeamento colleu relevancia coincidindo coa visita da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e da eurodeputada Ana Miranda ao país dos reloxos.

Declaracións de Abelenda en Adiante Galicia

En declaracións a Adiante Galicia, Abelenda valorou “moi positivamente” o nomeamento, e reiterou a súa vontade de “traballar pola defensa polos galegos que estamos na emigración e da xente en xeral”.


Manifestou que o desexo dos membros da diáspora é o de “retornar á terra” e de que “se respecten os nosos dereitos como emigrantes”, facilitando trámites e acabando coa discriminación fiscal existente.


Aplaudiu a iniciativa do BNG para que se habilite unha oficina de representación na Suíza “unha demanda que xa pedira a colectividade galega nos anos 90 e a ver se agora vai adiante”.


Abelenda tivo palabras de eloxio para o seu antecesor, Baldo Álvarez “que fixo moitísimo pola colectividade galega e pola nosa cultura”.

Na foto de portada, Ana Miranda, Xesús Gómez, Xosé Abelenda (no centro), Ana Pontón e Francisco Nogueiras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos