4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Vehículo envorcado en Vimianzo esta noite

Información- AXEGA 112 – Foto- Bombeiros Costa da Morte


Estoutro accidente rexistrado polo 112 Galicia tivo lugar no quilómetro 74 da AC-552, na parroquia de Berdoias. O único implicado foi quen de abandonar o vehículo polo seu propio pé e foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Cee.

Foi un particular quen alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias instantes despois das 00:30 horas. Tras saírse da vía, o coche quedou envorcado na gabia.

A continuación, os xestores do 112 Galicia procederon a informar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil de Vimianzo e aos servizos de mantemento das estradas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos