Información- AXEGA 112 – FOTO- Grupo Fune Ures
Ocorreu á altura do quilómetro 6 da AC-404, en As Travesas – Santa Sabiña, pouco antes das 23:30 horas da noite do sábado. A muller afectada, que se atopaba no interior do inmoble, resultou ferida leve.
O aviso chegou ao 112 Galicia a través dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil do municipio, que á súa vez foron alertados por un particular: un coche batera contra a fachada da súa vivenda situada no lugar das Travesas, en Santa Sabiña (Santa Comba), derribándoa parcialmente.
Unha muller, que estaba sentada nunha das estancias que dan ao exterior, foi trasladada ao centro de saúde nun vehículo particular tras resultar ferida na cabeza. Pola súa banda, os ocupantes do vehículo resultaron ilesos.
Ademais de Protección Civil de Santa Comba, neste operativo participaron tamén a Garda Civil de Tráfico e os operarios de mantemento das estradas.