A portavoz do Partido Popular, Sandra Vilela, achegounos esta resposta despois do artigo publicado por este medio onde se recollían unhas declaracións de Iago Toba convidando á Conselleira do Mar, Rosa Quintana, a unha xuntanza con motivo da súa visita hoxe a un acto do PP.
Esta é a nota de Vilela
Hai novas que dan ganas de rir!!
Se tanto lle preocupa ao Sr. Toba a problemática dos percebeiros quizáis se pudo por en contacto co presidente dos mesmos para preguntarlle se podían axudar, cousa que non fixo a día de hoxe despois de semanas de que esta problemática xurdira.
Quizáis si quería unha reunión coa Conselleira do Mar, Rosa Maria Quintana Carballo podía habela pedido ou simplemente habela chamado como XA FIXEMOS OUTROS en canto soubemos do problema.
¿Porqué non lle fixo chegar ese ofrecemento de xeito oficial a Rosa en tempo e forma en lugar de facelo cunha nota de prensa a menos de 24 horas de que a mesma veña a Muxía?
O presidente dos percebeiros, igual que membros da directiva, igual que o patrón maior XA ESTÁN CONVIDADOS a ese acto para falar con Rosa desa cuestión, se así o consideran, que a algúns SÍ NOS PREOCUPA aínda que non a usemos para tentar rascar 4 votos só cando interesa