14.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Iago Toba ofrece a Rosa Quintana as dependencias municipais “para tratar a grave situación dos percebeiros”

Coincidindo coa visita que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, realizará a Muxía para participar no acto de presentación da candidatura do Partido Popular, o alcalde de Muxía e secretario xeral do PSOE local, Iago Toba, ofreceulle as dependencias municipais “para tratar e intentar poñer solución ante a grave situación que está a vivir o sector percebeiro da vila da Barca”.

Así, o alcalde ofrécese a ser intermediario xa que considera que “a intención da conselleira é o de resolver o problema e o dos percebeiros é simplemente que se respete o acordo que había nun principio, onde as zonas protexidas se sigan protexendo”.

Aproveitar a visita da conselleira


“Podemos aproveitar a visita da conselleira á nosa vila para facer un encontro e alcanzar un acordo que beneficie a todas as partes. Aínda que o sector percebeiro se manifestase esta mesma mañá en Santiago, este equipo de Goberno sempre ten a mano tendida para chegar a calquera acordo e compromiso que beneficie a Muxía e ás súas xentes”, destacou Toba.


Para rematar, o alcalde puxo sobre a mesa que “xa que a candidata do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, simplemente ten interese en defender á Xunta para manterse no seu posto dentro do seu partido, este goberno si que vai loitar por defender os intereses da nosa veciñanza e dun sector moi maltratado e fundamental que está a pasar por unha situación moi complicada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos