Fotos- Arquivo- Xosé Manuel Lema
O ex-alcalde de Santa Comba Miguel Pérez Fernández encabezará a candidatura do Partido Galego nas eleccións municipais do concello de Santa Comba.
Deterioro do concello de Santa Comba
Segundo informan desde a organización “Son dúas as principais razóns que fan que Miguel retome a vida política: por unha banda, o continuo deterioro do Concello e o agudizado despoboamento; e por outra, o seu sentimento de compromiso coa cidadanía e o seu desexo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”
Sinalan ademáis que “tamén o move a súa preocupación cara ás futuras xeracións e desexa deixar como legado ás súas fillas e á xuventude deste Concello un lugar onde teñan oportunidades e do que poidan sentirse orgullosos”.
Desde o Partido Galego manifestan que “sentímonos afortunados de contar con Miguel Pérez como candidato, pois confiamos que a súa experiencia, liderado e compromiso o converten na mellor opción para guiar este concello”.