A concellería de Cultura do Concello de Muxía organiza, por segundo ano consecutivo tras a pandemia, a tradicional Festa dos Maiores no polideportivo municipal. Unha data marcada en vermello no calendario das festividades da vila da Barca e que o grupo de goberno quixo organizar e festexar de novo.
Así, o evento terá lugar o vindeiro 29 de abril e estarán convidadas todas as persoas maiores de 65 anos (incluídos os de 65 e as persoas pensionistas) que se queiran achegar a vivir unha xornada inesquecible.
As persoas maiores que desexen acudir tan só deberán retirar as súas entradas presentando o seu DNI na oficina que estará habilitada na 1ª planta da Casa do Concello de Muxía, en horario de 10:30 a 14:30 horas. A data límite para retirar as entradas será o 25 de abril e cada persoa poderá acudir cun acompañante que deberá retirar tamén a súa invitación presentando o seu DNI.
Programación completa
✔️ 12:00 h – Misa cantada pola Coral Polifónica Virxe da Barca no Santuario de Nosa Señora da Barca.
✔️ 13:00 h – Sesión vermú no exterior pavilllón con Manolo Delfín
✔️ 14:00 – Xantar no pavillón polideportivo de Muxía. (O acceso ao recinto estará aberto a partir das 13:30h)
✔️ O grupo de musica tradicional ‘Xaramiños do Corpiño’ amenizará a entrada dos comensais no recinto.
✔️ Tras o xantar, concerto da artista PILI PAMPÍN e do Grupo Charada.
A edición deste ano, como novidade, contará cun espazo de fotomatón para que as persoas maiores poidan levarse un bonito recordo da festa.
Tras o anuncio da programación completa da festa, desde o executivo destacan “as ganas de volver a vivir un día cheo de reencontros, anécdotas e vivenzas xunto aos noso maiores que son símbolo da nosa cultura, raíces e sabedoría”.
Nota de prensa concello de Muxía