O vindeiro venres 14 de abril o Restaurante Leandro acollerá o acto de presentación da candidatura do BNG de Santa Comba, desde as 21h.
Xunto co candidato, Juan David Sixto, intervirán os alcaldes de Carballo e Zas, Evencio Ferrero e Manuel Muíño.
Visita á Feira de Santa Comba
O deputado autonómico, Daniel Pérez, visitaba a pasada fin de semana a Feira de Santa Comba para acompañar ao candidato á alcaldía, Juan David Sixto, e a varios membros do partido no reparto dun boletín informativo.
Pérez tamén se achegaba á estrada de San Salvador- Grixoa para comprobar o mal estado desta vía:”O desleixo do goberno actual supón o estancamento do concello. O lamentable estado da estrada de Grixoa de Esternande é un exemplo. Santa Comba merece máis” manifestaba o parlamentario desde as redes sociais.
Desde o BNG local expresaron o seu compromiso “a procurar as medidas máis axeitadas para que a esta estrada se lle poida chamar así: estrada xa que a día de hoxe non deixa de ser unha corredoira. Estamos ao tanto das accións e reclamacións veciñais que, na actualidade, foron e son ignoradas tanto polo equipo de goberno como pola oposición”.