8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Critican a paralización da obra da depuradora de Trasufre

A candidata á alcaldía do Partido Popular de Muxía para as eleccións municipais do próximo mes de maio, Sandra Vilela, lamenta que “a obra da depuradora de Trasufre permaneza parada despois de máis de dous anos”.

Segundo explican os populares nun comunicado “a obra forma parte do proxecto do POS provincial de 2019 e foi adxudicada en decembro do ano 2020” e executouse “só unha parte da mesma que consistiu na instalación de tubos mais despois quedou paralizada debido a unha problemática co emprazamento da depuradora”.

«Falla de resolución deste goberno»

Do orzamento total de 81.965,37euros “a día de hoxe só existen executados 39582,11€ correspondentes a esa parte de tubería”.

Para Vilela “a obra da depuradora de Trasufre é un exemplo caro da falla de resolución que ten este goberno. Temos unha obra de saneamento, un servizo fundamental, parada ante a incapacidade do goberno de resolver cousa algunha neste concello e quen o pagan son os veciños”.

Desde o PP de Muxía informan que o portavoz do partido na Deputación, Evaristo Ben preguntou no pleno provincial “mais o presidente da mesma Valentín Formoso tampouco contestou á pregunta plantexada polos populares”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos