Informa-AXEGA 112 – FOTO- ARCHIVO Helicóptero
A saída de vía dun turismo en Mazaricos deixa tres persoas feridas, unha delas evacuada en helicóptero.
O vehículo no que viaxaban os feridos bateu contra unha taxea cando circulaba pola AC-400, ao paso por Coiro, Mazaricos.
Malia que abandonaron o coche polos seus propios medios, os tres ocupantes sufriron lesións de diversa consideración, polo que un deles tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado.
Achegábanse as cinco da tarde cando a alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia. Para facer fronte á situación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia, Bombeiros de Santa Comba e GES de Muros. Ademais, recibiron información os axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Mazaricos, de onde partiron dous voluntarios.
Do mesmo xeito, foron necesarios os equipos de limpeza e mantemento da estrada, neste caso da Axencia Galega de Infraestruturas.
Cómpre sinalar que o vehículo saíuse da vía e bateu contra unha taxea.