Información AXEGA 112 – FOTO Páxinas Galegas
Os Bombeiros interviñeron para axudar a retirala do vehículo, pero non tiveron que facer uso do seu material de excarceración.
O 112 Galicia recibiu aviso deste accidente pouco antes das 23:30 horas, cando diversos particulares alertaron dun coche fóra da vía á altura de Santa Comba, no quilómetro 57 da AC-400. Este resultara envorcado, e as persoas que chamaron xa informaban de que unha ocupante non podía saír ao exterior polos seus propios medios.
Entón, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xallas, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Santa Comba e dos servizos de mantemento das estradas.
Os Bombeiros procederon a cortar o cinto da persoa ferida para retirala do vehículo, pero non tiveron que excarcerala. Tras rematar a intervención, a implicada foi atendida polo persoal sanitario e trasladada ao centro hospitalario de referencia.