Adiante por Ponteceso é outra das opcións electorais que existen neste concello. Presentouse esta fin de semana deixando claro que non buscan pactos nin apoiarán a ningunha outra opción despois do 28-m:
“Non necesitamos partido político ningún. Non nos fan falta.Os votos de Adiante por Ponteceso serán para que goberne Adiante por Ponteceso, non para vender a outro partido político. Por iso nos presentamos” declarou o candidato Roberto Andrade.
Critican a “inactividade e desidia dos partidos políticos presentes na vida municipal de Ponteceso, xa que abandonaron o noso concello á deriva dictatorial do actual alcalde”.
Prioridades
Andrade destacou a necesidade de priorizar as necesidades básicas do noso Concello. Para Adiante por Ponteceso “as principais necesidades teñen que ver coa terceira idade e as infraestruturas esenciais. Todas as parroquias son de primeira categoría e todas sen excepción deben ter un saneamento completo, un abastecemento de auga potable completo, un alumeado completo e unha limpeza impecable”.
O candidato está convencido de que é a mellor opción:” Considero que tanto a formación profesional que teño como o gran equipo que teño, me avalan para ser o mellor candidato á alcaldía do noso municipio, Ponteceso”.